Seis patinadores do CPA Gondomar participarán este sábado no Trofeo Deputación

FOTO: CPA GONDOMAR

Este sábado 11 de marzo arranca a tempada de competición de Patinaxe Artística na modalidade de Libre co Trofeo Deputación, que estará organizado polo Club Covelo.

O Club Patinaxe Artística Gondomar estará representado por 6 patinadores en diferentes categorías estreando tempada no primeiro campionato do 2017. Os representantes nesta ocasión serán Lola Álvarez, Sara Ferreira, Joel Ribeiro, Xose Alonso Cruz, Andrea López e María Balboa.

Unha cita para afianzar aos patinadores máis consolidados e dotar de ritmo competitivo á nova canteira do Club.