Anuncios
Ticker de novas

Ópera en Gondomar para toda a familia

A Concellería de Cultura de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, organiza un evento adaptado para toda a familia. Este sábado representarase a obra “La Flauta Mágica”, sendo a primeira vez que unha ópera pisa o escenario do Auditorio Lois Tobío.

O despacho de billetes abrirase unha hora antes, comezando o espectáculo ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 2,50€. “La Flauta Mágica” foi e é unha das óperas máis aclamadas dirixidas por Mozart, representada neste caso pola “Camerata Lírica de España”, baixo a dirección de Rodolfo Albero. A compañía promete transmitir aos nenos, nenas e maiores o significado da obra e o sentido dos seus personaxes facendo do seu argumento un acceso directo á mellor ópera alemá.

Anuncios