Sin categoría

Nigrán conmemora o “Día Internacional da Muller” coa obra de teatro “As lavandeiras”

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”, o Concello de Nigrán organiza a representación teatral “As lavandeiras” a cargo da compañía Daboapipa.

A obra, centrada na figura das lavandeiras, emprega unha técnica teatral a medio camiño entre o conto e o teatro máis tradicional, conta con música en vivo, lendas, cantos e contos, sen esquecer o humor e as situacións cotiás máis curiosas.

Partindo da labor das lavandeiras, moi presente no imaxinario colectivo dos galegos e galegas, a proposta fai un percorrido polo rol da muller na sociedade galega.

O espectáculo, destinado a público adulto, ten unha duración de 60 minutos e se representará o día 10 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio Municipal. A entrada será de balde ata completar aforo.