Anuncios
Ticker de novas

Curso de manipulador de produtos fitosanitarios en Gondomar

Á vista da demanda existente e coa finalidade de facilitar aos veciños o acceso á devandita formación, a Concellería de Medio Ambiente de Gondomar programa un novo curso de manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico.

O curso, de 25 horas, desenvolverase no mes de abril, e o prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de marzo. As prazas son limitadas, polo que a selección será por orde de inscrición. Os interesados poden anotarse no Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente de 9:00 a 14:00 horas. O prezo do curso é de 50 euros + 8,83 euros de taxas.

Anuncios