A Asociación de Veciños A Unión abre o proceso de adxudicación da súa cafetería

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa abre o proceso para a adxudicación da súa cafetería. As solicitudes poderán facerse ata o sábado 18 de marzo na oficina do Centro Cultural os luns e mércores de 18:00 a 19:00 e os martes, xoves e venres de 16:30 a 17:30 horas.

A adxudicación será por un ano renovable e o adxudicatario deberá abonar 100 euros mensuais, o 50% do consumo eléctrico mensual, a cota das canles de pago, e o 50% do pago anual do recibo do lixo e o 50% do recibo trimestral da SGAE.

Anuncios