Reabre a Biblioteca de Gondomar cunha imaxe renovada
Este xoves reabre a Biblioteca Municipal de Gondomar tras unha semana pechada por reformas.
O espazo conta cunha nova distribución dos andeis e pintáronse as paredes e o teito. Así mesmo cambiouse a antiga iluminación por unha nova de tecnoloxía led e melloráronse os equipos informáticos.
Anuncios