Anuncios
Ticker de novas

Homenaxe a José Ramón Lete en Baiona

FOTO: PEPE COSTAS

O Parador de Baiona foi o escenario o pasado sábado do recoñecemento que o deporte galego brindoulle a José Ramón Lete Lasa, secretario de Estado para o Deporte e presidente do Consello Superior de Deportes.

Esta iniciativa xurdiu dun grupo de directivos e personalidades do deporte autonómico, entre os que se atopa José Luis Chamorro, presidente do Club Ciclista Rías Baixas, co obxectivo de recoñecer toda unha vida dedicada ao deporte e agradecer o traballo desenvolvido por José Ramón Lete nos preto de oito anos como Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Durante a súa etapa como máximo responsable do deporte autonómico, Galicia situouse como a comunidade que máis investiu en cada un dos seus deportistas. Ademais, impulsou campañas para o fomento da actividade física como “Galicia Saudable” e conseguiu que o deporte feminino alcanzase as súas cotas máis altas.

Os promotores do acto organizaron unha comida que contou coa asistencia dunha variada representación de deportistas, directivos e persoas relacionadas co mundo do deporte.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios