Unha estación móbil para a ITV de ciclomotores visita Nigrán e Baiona

Unha estación móbil para a Inspección Técnica de Vehículos de ciclomotores visitará os próximos días Nigrán e Baiona. O 1 e 2 de marzo estará no Campo das Redes en Praia América e o 3 e 6 na zona da praia baionesa de Santa Marta. Os catros días de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas, poderán ser revisados ciclomotores de dous ou tres rodas, motocicletas e quads.

Para solicitar cita previa está dispoñible o teléfono 902 30 90 00. Tamén se pode realizar a través da web www.sycitv.com.

Anuncios