Os Centros de Día do Val Miñor celebran o entroido no Auditorio Municipal de Nigrán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Auditorio Municipal de Nigrán acolleu a mañá de onte o desfile de entroido para os usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor. En total, participaron preto dun cento de maiores integrados nas respectivas comparsas da Residencia Vila do Conde de Gondomar (‘As velutinas’), Residencia Bo Día de Nigrán (‘Mariñeiros’) e Centro de Día Mancomunado do Val Miñor (‘Xuntas como irmás’). O xurado, composto entre outros polos concelleiros de Nigrán Alfonso Vázquez e a gondomareña Nuria Lameiro, outorgou o primeiro premio a ‘As Velutinas’ (caracterizados como abellas), segundo a ‘Xuntos como irmás’ (como monxas) e terceiro a ‘Mariñeiros’. Tras as respectivas actuacións, os usuarios puideron degustar orellas, filloas e outros doces típicos do entroido.