Sin categoría

Vista aérea de Baiona

Nesta foto podemos ver a Baiona dos anos 50. Os grandes campos dos Tendais e do Aral, co seu gran caserío, e todas as edificacións orixinais da vila, aínda que xa comezando as construcións modernas como as vivendas do Barrio da Anunciada e o edificio que alberga na actualidade o Hotel Carabela La Pinta. Tamén se aprecia a pequena lonxa primitiva no porto pesqueiro e ao fondo, as penínsulas de Santa Marta e A Ladeira.