Baile de entroido para os maiores en Nigrán

O Concello de Nigrán dedica a tarde do luns 27 de febreiro aos maiores cun baile de entroido a cargo de Trío Armonía no Auditorio Municipal a partir das 18:00 horas. Ademais, haberá orellas, filloas e chocolate para os asistentes.