Anuncios
Ticker de novas

Preto de 900 escolares desfilan polo Entroido en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Continuando coa programación de Entroido, este venres celebrouse en Gondomar o tradicional Desfile Escolar, co que colabora o Concello a través da Concellería de Educación que dirixe Iria Lamas, unha actividade que edición tras edición afianza o seu éxito entre os máis pequenos.

Nesta ocasión participaron preto de 900 escolares dos centros educativos CEP Xosé Neira Vilas, CEIP Chano Piñeiro e IES Auga da Laxe, ademais dos nenos e nenas da Escola Infantil Galiña Azul.

Todos eles, ataviados cos seus mellores disfraces, partiron ás 11:30 horas desde o Pavillón de Deportes para percorrer as principais rúas do centro urbano de Gondomar, volvendo ao Pavillón para finalizar.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios