O CPA Gondomar participa o próximo fin de semana no Campionato de España

FOTO: CPA GONDOMAR

O próximo fin de semana celebrarase en Lleida o Campionato de España de Patinaxe Artística na modalidade de Show.

Ata alá desprazarase o Club Patinaxe Artístico Gondomar co seu programa «Alma Torera», partindo como vixente Campión Galego. Como noutros Nacionais intentarán acadar postos que lle permitan participar no Europeo, aínda que conscientes do gran nivel co que se atoparán tanto de grupos galegos como de todos os puntos de España.

As gondomareñas capitaneadas por David Figueroa darán a súa mellor versión con moitas posibilidades no Nacional. Dende o Club móstranse optimistas con este novo reto cas situaría na cuspide do Patinaxe Nacional.