Anuncios
Ticker de novas

O CB Nigrán acode ao Torneo de Entroido do CB Redondela

FOTO: CB NIGRÁN

O Club Baloncesto Nigrán acudiu esta mañá ao IV Torneo de Minibasket organizado polo CB Redondela e que tivo lugar no Pavillón A Marisma. O club nigranés acudiu cos seus tres equipos pertencentes ás categorías baby, benxamín e alevín formados na súa maioría por xogadores e xogadoras das escolas deportivas que o club ten nos colexios de Nigrán.

Non é a primeira vez que o CB Nigrán acode a este torneo organizado polo CB Redondela. Trátase do terceiro ano que participa e unha vez máis os máis pequenos gozaron dunha mañá de baloncesto e compañeirismo.

Ao finalizar os partidos e despois das respectivas fotos de grupo, o club organizador entregou a todos os nenos participantes un pequeno obsequio. Desde a directiva do CB Nigrán felicitan ao CB Redondela por este magnífico torneo e agradecen a súa invitación.

Anuncios