Anuncios
Ticker de novas

12 comparsas percorrerán as rúas de Gondomar tras o pregón de Cristian de Samil

Este domingo día 26 de febreiro a partir das 16:00 horas Gondomar encherase de cor, música e alegría coas comparsas e as charangas de entroido. Os participantes contarán cun pregoeiro de luxo, Cristian de Samil, acompañado do Alcalde, Paco Ferreira, e a Concelleira de Cultura e Xuventude, Nuria Lameiro.

Abrirá o entroido gondomareño Cristian de Samil, oficiando o pregón dende a Praza do Concello. Os mellores disfraces do “III Moto Carnaval”, celebrado o pasado sábado en Gondomar, iniciarán o percorrido seguidos das comparsas. Por orde de aparición, percorrerán as rúas principais da vila condal a Comparsa de Purpurina do Centro Juan María, a Comparsa do Centro Cultural de Baíña, “Luces de Tomiño”, “Chegaron os que faltaban”, “As bailarinas de Mozart”, “A tropa do Cruseiro”, a Comparsa do Centro Cultural de Parada, a Comparsa do Centro Cultural de Chaín, a Comparsa do Centro Cultural de Vincios, a Comparsa da Asociación de Carnavales de Mañufe, a Comparsa da Unión San Pedro da Ramallosa, e “Revolución Show”.

Unha vez finalizado o percorrido, o xurado formado por membros do ámbito social, artístico e cultural e presididos polo Alcalde Paco Ferreira, anunciarán as comparsas e charangas premiadas. Farase entrega dun total de 5.700 € a repartir entre os participantes. A comparsa gañadora levarase 1.000 €, a segunda 800 € e a terceira premiada 600 €; ademais entregaranse premios de 350 € para as seis seguintes clasificadas e 200 € ás restantes. A festa continuará amenizada con verbena nocturna a cargo do grupo musical Trío Azar na mesma Praza do Concello.

Anuncios