Anuncios
Ticker de novas

Surf, zumba e baile de Entroido en Nigrán

FOTO: PATOS SURF CLUB

Patos Surf Club celebra este domingo 26 de febreiro o famoso “Carnaval Surfeiro”. O único requisito é entrar na auga disfrazados e como cada ano premiaranse os mellores disfraces. Ao rematar, haberá chocolate quente e doces típicos destas datas. Será a partir das 16:00 horas.

Sesión de zumba e baile para maiores

O mesmo domingo o Concello de Nigrán ofrece unha sesión de zumba de entroido no Auditorio Municipal ás 19:00 horas, e o luns 27 dedica a tarde aos maiores cun baile de entroido a cargo de Trío Armonía, tamén no Auditorio Municipal, a partir das 18:00 horas.

Anuncios