Anuncios
Ticker de novas

Arranca o Entroido de Nigrán co concurso de comparsas e o concerto de “The Soul Jacket”

O Concello de Nigrán arranca este sábado co concurso de comparsas a programación de entroido. Coma o ano anterior, o concurso será pola noite e percorrendo o centro do municipio. Así, a partir das 20:00 horas, un total de 14 comparsas percorrerán a rúa Rosalía de Castro (á beira do Concello) dende o cruce con rúa Telleira ata a estrada do Ceán, realizando cada agrupación unha actuación á altura da Casa Consistorial, onde o xurado as avaliará. A festa seguirá na Praza do Concello, onde a partir das 23:00 horas tocará o grupo nigranés de rock “The Soul Jacket”. AdemAis, dende este sábado, o Kiko do Centro Cultural e Recreativo de Parada e da Comunidade de Montes quedará exposto no Auditorio Municipal.

Anuncios