Anuncios
Ticker de novas

O Varadoiro do Cantiño

Postal Nº 3 da Serie de Amalio Couto Pacheco titulada “Bayona – Varadero del Cantiño”. Recolle esta postal a praia da Ribeira, onde aparece un grande número de botes na área. Esta zona de Baiona dedicábase ás tarefas relacionadas coa pesca, ao fondo vese a Praza do Pescado e xusto detrás a fábrica de conservas e salgado.

Serie de Amalio Couto Pacheco

Esta é unha das series con máis vistas da vila do Val Miñor. A data na que se tomaron estas fotografías oscilaría entre 1910 e 1920.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios