Anuncios
Ticker de novas

Concentración na Ramallosa contra a violencia machista

Hoxe mércores día 22 de febreiro ás 20:00 horas celebraranse concentracións en todo o país reclamando o fin da violencia exercida contra as mulleres e polo asasinato de María José Mateo García de 52 anos en Redondela.

En Ramallosa, Nigrán, será no cruce xunto o quiosco. Tamén haberá mobilizacións en A Coruña, Ferrol, Ourense, Bertamiráns, As Pontes, Vigo, Compostela, Lugo, Pontevedra, Carballiño e Ribeira.

“Estamos fartas de minutos de silencio, de tratamentos infames nos medios, de presuntos, de que digan que morremos para invisibilizar que somos asasinadas, fartas dunha sociedade que mira para outro lado mentres nos asasinan”, sinalan desde Marcha Mundial das Mulleres.

Anuncios