Anuncios
Ticker de novas

Triunfo balsámico do Cereixa ante o Arealonga

FOTO: CEREIXA GONDOMAR FS

Triunfo balsámico o conseguido este mediodía polo Cereixa Gondomar FS na sempre difícil pista de Chapela onde os pupilos de Rafael Salgueiro Troncoso e Nacho Troncoso Quintas estaban obrigados a gañar despois dos resultados de onte.

O equipo (que chegaba con moitas baixas ao transcendental choque) fixo un partido moi serio e non deu opción ao local que sempre estivo por detrás no marcador.

Na primeira parte Luca, Huguito Gonzalvez, Gabriel Denis Vasconcellos e Edu Rodríguez Pérez deron vantaxe ao Cereixa FS que se marchou ao descanso co partido controlado (0-4).

Na segunda parte, e a pesar de que o Arealonga FS apertou un pouco máis arriba, Luca volveu poñer terra polo medio co 0-5. Os locais non desistiron e seguírono tentando descontando por partida dobre para un parcial de 2-5. Huguito Gonzalvez pecharía o marcador desde o dobre penalti (2-6) dando o triunfo ao visitante.

Anuncios