Anuncios
Ticker de novas

O Auditorio de Nigrán acolle dende o mércores o primeiro concurso de antefaces de Afaga

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle dende o mércores 22 de febreiro ao xoves 2 de marzo a exposición dos antefaces realizados e decorados polos usuarios dos diferentes centros de Afaga, entre eles os de Nigrán. Trátase do primeiro concurso de antefaces que organizan dende a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia e os visitantes á exposición poderán votar o que máis lles guste. Os antefaces foron elaborados con material moi diverso coa axuda dos terapeutas ocupacionais de cada centro (os dous de Vigo, o de Porriño, Mos, Tui, Salceda de Caselas e Nigrán). O centro gañador recibirá un cheque para a compra de material.

Dende o Concello de Nigrán, no CEE de Panxón, lévase a cabo un pioneiro programa municipal para persoas con demencias neurodexenerativas tipo Alzheimer xestionado por Afaga. Trátase de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional que se desenvolven dous días á semana. Os interesados en sumarse a estes obradoiros deben poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Nigrán.

Anuncios