Anuncios
Ticker de novas

SOS Desaparecidos desactiva a alerta de procura de Iván Durán confirmando a súa morte

SOS Desaparecidos desactivou este domingo a alerta de procura de Iván Durán, o baionés de 30 anos desaparecido o pasado mes de agosto, indicando que foi localizado o seu corpo sen vida, o que supoñería que o cadáver atopado na tarde deste sábado por un sendeirista preto do cuartel da Garda Civil de Baiona é o do novo.

Segundo sinala a asociación, cada unha das alertas levan un protocolo antes de ser subidas aos medios públicos. A desactivación, sexa cal for o resultado positivo ou negativo, sempre se confirma coa familia ou no seu caso coas forzas de seguridade.

Á espera dos informes forenses, todo fai indicar que o corpo pertence a Iván Durán. Non só a talla do pé é coincidente, senón que no lugar apareceu unha nota que podería reforzar a idea dun posible suicidio. Xunto ao corpo atopouse ademais unha pistola e unha mochila cunha bala dentro.

O lugar era unha zona frecuentada por Iván, onde adoitaba ir pasear co seu can. Está a escasos quilómetros da súa casa e xusto aquí é onde se centraron as batidas tanto veciñais como da Garda Civil, pero o cadáver estaba moi agochado.

Anuncios