Anuncios
Ticker de novas

O Entroido empeza sobre dúas rodas en Gondomar

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

A terceira edición do Moto Carnaval, organizado polo Moto Club A Cento Cien coa colaboración da Concellería de Deportes de Gondomar, iniciou este sábado as actividades programadas no municipio con motivo do Entroido.

Decenas de moteiros e moteiras cos seus mellores disfraces concentráronse na Praza do Concello para logo facer unha ruta polo Val Miñor. Despois de percorrer as rúas do centro urbano de Gondomar partiron cara a Ramallosa, para logo dirixirse a Baiona, de novo A Ramallosa, Nigrán, Panxón, Patos e Praia América, para finalizar no Restaurante Queimada (A Carrasca), onde os participantes puideron gozar dunha merenda.

Para pechar a xornada entregáronse os premios e trofeos aos tres mellores disfraces e ás tres motos máis orixinais. O gañador ao mellor disfrace protagonizará o cartel do evento do próximo ano.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios