Anuncios
Ticker de novas

O Liceo Marítimo de Baiona organiza unha cea-baile de Entroido

O vindeiro venres día 24 de febreiro o Liceo Marítimo de Baiona organiza unha cea-baile de Entroido. Esta cea está especialmente organizada para os socios, aínda que será aberta ao público en xeral. O menú será o típico de Entroido. Ao rematar haberá música en directo, coa actuación dun grupo musical. Celebrarase no salón do Liceo Marítimo e comezará ás 22:00 horas, sendo o seu prezo de 20 € por persoa para os socios e 23 € para os que non son membros da Sociedade. Para asistir pódese reservar chamando aos teléfonos 653 757 614 ou 608 183 957.

Anuncios