Anuncios
Ticker de novas

Concerto de Son D’Cuatro Trío no Central Park de Baiona

FOTO: SON D'CUATRO TRÍO

Este sábado día 18 de febreiro o grupo de cordas e voces Son D’Cuatro Trío ofrece un concerto na cafetería Central Park de Baiona (R/ Laureano Salgado, 7) a partir das 23:00 horas, con entrada gratuíta.

O trío, composto por Pablo Alonso (Primeira voz), Esteban Alonso (Segunda voz, Guitarra) e Miguel A. Cedeira (Terceira voz, Guitarra, Bandurra), realiza versións de clásicos do Bolero, Habaneira, Rancheira, Valse Peruano, etc.

Anuncios