Actividade dirixida a menores con necesidades específicas de apoio educativo en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Dende o Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirixe a concelleira Rocío Cambra, a través do programa de educación familiar, tratou de dar resposta á cantidade de solicitudes denegadas por parte da Consellería de Educación dirixidas a menores con necesidades específicas de apoio educativo.

Así pois, aquelas solicitudes que se axustaron á ordenanza municipal de emerxencia social do Concello de Gondomar, foron reunidas o pasado luns 13 de febreiro, para ser informadas do inicio da actividade.