Anuncios
Ticker de novas

Gondomar instalará pasos de peóns elevados e bandas reductoras en puntos conflitivos

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou hoxe varios puntos conflitivos en distintas parroquias e casco urbano nos que se levarán a cabo pasos de peóns elevados, bandas redutoras de velocidade e sinalización de limitación de velocidade, baixo a dirección do Departamento de Infraestruturas e Obras; abicados en entradas de gardarías, colexios e lugares específicos destacados pola afluencia de peóns na vía.

En concreto, no colexio Souto Donas, inmediacións da Igrexa de Donas na zona de Mosteiro; fronte o colexio infantil e gardaría San José de Borreiros, urbanización San Benito, o lado da gardaría A Galiña Azul; Auditorio Lois Tobio, etc. Este plan irá unido o plan de seguridade da Deputación de Pontevedra.

A finalidade é mellorar a seguridade dos peóns tanto dentro do casco urbano como nas parroquias e garantir unha diminución da velocidade de circulación do tráfico rodado en todo Gondomar; o obxectivo é mellorar non só a seguridade viaria de peóns e reducir a velocidade do tráfico rodado se non gañar calidade de vida en xeral.

Anuncios