Anuncios
Ticker de novas

Charla informativa sobre a reclamación polos cortes de subministración eléctrica en Gondomar

A Concellería de Comercio do Concello de Gondomar e ACOUGA (Asociación Galega de Consumidores e Usuarios) organizan este mércores 15 de febreiro ás 20:00 horas no Centro Neural unha charla informativa sobre as canles de reclamación polos cortes de subministración eléctrica. Intervirán Xosé Antón Araúxo Rodríguez, concelleiro de Emprego e Comercio de Gondomar, Manuel Pérez Arias, presidente de ACOUGA, Xoán Antón Pérez Lema, avogado e secretario xeral de ACOUGA, e Guadalupe Vidal, avogada de ACOUGA en Vigo.

Anuncios