Anuncios
Ticker de novas

O Gondomar non atopa o gol e perde os tres puntos ante o Arenteiro

O campo municipal das Gaiandas albergou este domingo o encontro entre o Gondomar e o Arenteiro, pertencente á xornada número 24 de Preferente Galicia Sur, nunha tarde gris con terreo regular e uns 100 espectadores.

Os dous equipos repartíronse o dominio durante o primeiro tempo, entre o tentar xogar do Gondomar e a dureza física do Arenteiro. No 20 de xogo o local tería unha ocasión cun contraataque liderado por Aitor Gómez que cede en profundidade a Rubén, ao que se lle escapa o balón só ante o porteiro. No 29 tentaríao o visitante cunha xogada pola esquerda e 10 minutos despois de novo pase de Aitor Gómez cara a Migui que tira sen conseguir anotar.

Tras o paso por vestiarios, no minuto 58 chegaría unha nova ocasión para o Gondomar. Tiro de Manu que despexa Israel con dificultade e no rexeite Aitor Gómez tira saíndo a córner. No 66 chegou o gol, pero para o Arenteiro, tras un disparo de Migui que sae rozando o poste, Dani recolle un rexeite da dianteira local e lanza batendo a Isma (0-1). Nos últimos minutos o Gondomar seguiríao tentando sen éxito.

A historia repítese, o xogo e as oportunidades para o Gondomar e os puntos para o Arenteiro, cun xogo forte permitido polo árbitro, con dous posibles penaltis non sinalados.

O Gondomar baixa ata a 14ª posición con 31 puntos. A próxima semana visita ao Moaña.

Gondomar CF

Titulares: Ismael López González, Andrés Romero González, Michael García Rosendo, Alejandro Villamarín Gómez, Álvaro Baños Castro, Rubén Besada Táboas, Aitor Gómez Barbosa, Miguel Vilar Costas, Luis Castro Fagúndez, Isidro Bandeira Briz, Cristian Dacosta Vilaboa.

Suplentes: Víctor Pousadela Pereira, Jacobo Landín García, Manuel Vilán Pérez, Mario Fernández Pérez, Sydney B. Nguangua Fernández.

Corpo Técnico: Ángel Manuel Magalláns Valverde, Julio Álvarez Buylla de la Uz, Gorka Gómez Díaz.

CD Arenteiro

Titulares: Israel Salgueiro Docampo, Marcos Vilacha Revuelta, Jesús I. Cerdeira Mercado, Martín Sánchez Gigirey, Daniel Álvarez Fernández, Daniel Dafonte Martínez, Alejandro González Bardelas, Rubén Cuquejo Rodríguez, Víctor Vázquez Salgado, Daniel González Lorenzo, Carlos de Dios Rodríguez.

Suplentes: José D. García Vázquez, Adrián P. Fernández Alonso, Iván Portos Sanmamed, Rubén Arce Lorenzo, Alberto Blanco Fernández.

Corpo Técnico: Julio Novoa Outumuro.

Anuncios