Bo papel do CPA Gondomar na I Fase Rexional de Patinaxe Artística

FOTO: CPA GONDOMAR

Cinco patinadoras do Club de Patinaxe Artística Gondomar participaron este sábado na I Fase Rexional, que organizada polo CPA Omega reuniu a 99 patinadores e patinadoras na pista do Pavillón do Milladoiro, no coruñes Concello de Ames, moi próximo a Santiago de Compostela.

Pola mañá foi a quenda das categorías Infantil e Benxamín, mentres que pola tarde competiron os de Alevín, Cadete e Absoluta. Ao finalizar, procedeuse á entrega de trofeos de todas as categorías.

As patinadoras do club gondomareño tiveron un magnífico papel defendendo na pista todo o aprendido. Lola Álvarez conseguiu o primeiro posto na categoría Benxamín, mentres que en Alevín Feminino, Sara Abal foi primeira, Ainhoa Vidal terceira, Ángela Barcia cuarta e Noa Álvarez décimo primeira.