O Club Laroca suma dúas vitorias, dous empates e unha derrota na segunda xornada de liga

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este sábado celebrouse a segunda xornada da liga de xadrez, na que o Club Laroca de Nigrán participa con cinco equipos. O Laroca A acadou un empate en Mallón ante o Grupo Nores & Ajedrez Marín B, que defendía a terceira posición da xeral.

Na segunda división houbo resultados dispares, mentres o equipo do Laroca B perdía na casa por 1-3 ante o EXP Concello de Pontevedra, o Laroca C empataba na casa do líder Club Xadrez Mos A.

En terceira división finalizou con dúas vitorias, o Laroca Mallón acadou un pleno ao gañar 4-0 ao equipo Villa de Bouzas C, mentres que o equipo do Laroca IES Auga da Laxe gañou 1-3 na súa visita ao equipo Club Xadrez Mos D.

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.