Os maiores de Gondomar están convidados a participar na comida que se celebrará o día 14 de febreiro na Residencia de Tempo Libre de Panxón.
As prazas son limitadas (20 prazas) polo que serán adxudicadas en orde de inscrición. Os interesados poderán anotarse e informarse acerca da iniciativa no Departamento de Benestar do Concello de Gondomar, na Casa da Cultura. O requisito para participar é ser maior de 55 anos.
A comida está organizada polos alumnos do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor V”, dentro das actividades do seu programa ofrecerán un cóctel e unha comida aos participantes.

