Informática para maiores en Gondomar

Este mércores comeza o primeiro curso de informática para maiores de Gondomar impartido por profesionais do sector.

As clases impartiranse os mércores de 16:30 a 18:00 no CDL (Centro de Desenvolvemento Local) de Gondomar, e o curso alongarase ata decembro. A materia que se explicará está relacionada con conceptos de informática básica, software, ofimática e directrices esenciais de funcionamento.

A Concellería de Benestar ten aberto o prazo de inscrición para os interesados, maiores de 55 anos e censados no municipio. O número de prazas é limitado, os participantes deberán achegarse á Casa da Cultura, Departamento de Benestar, para formalizar a matrícula.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.