Anuncios
Ticker de novas

Baiona blinda toda a súa iluminación pública para evitar curtocircuítos

O Concello de Baiona certificou ao longo do pasado ano que toda a súa iluminación pública, tanto farois como cadros e instalacións eléctricas, está asegurada fronte á posibilidade de descargas.

A mellora do sistema eléctrico público foi unha das prioridades da Concellería de Vías e Obras ao longo do 2016 e durante todo o ano os traballos de mantemento centráronse en revisar todo o sistema e comprobar o correcto illamento en condicións adversas de humidade.

Ademais das instalacións de todas as parroquias, tamén foron sometidas a revisión as do casco urbano, entre elas a mellora do sistema eléctrico da Casa do Concello e da Praza de Abastos, así como o resto de edificios municipais.

No relativo ao aforro enerxético, levouse a cabo o cambio de luminarias nas aulas dos colexios Covaterreña, Fontes, Sabarís e Belesar, o que supuxo unha redución aproximada de 10.000 euros no custe da factura para as arcas municipais. Tamén a mellora da iluminación nas zonas de Covaterreña e As Carneiras rebaixou o gasto noutros 10.000 euros.

Na actualidade xa está a punto de rematar o estudo de eficiencia enerxética contratado o ano pasado e que está destinado a revisar, inventariar e expor melloras do servizo de iluminación pública e edificios municipais para aforrar nos custes.

Pintado de rúas

Durante o 2016, a Concellería dirixida por José Ángel Bahamonde, tamén dedicou un investimento de 11.355 euros ao pintado das rúas Dolores Agrelo, Venezuela, Brasil, Ecuador, Cuba, Palos de la Frontera, Uruguay, Vila do Bispo, Rafael Freire, Herminio Ramos, Loureiral, Avenida Sabarís, contorna aparcamento Marrucho, así como reestruturación e mellora de zonas de aparcamento na saída da autoestrada e a estrada da costa.

Compra de maquinaria

Ademais, o ano pasado dedicáronse outros 16.900 euros á compra de maquinaria para a mellora do departamento, como a de unha apisonadora compactadora, unha niveladora, deshumidificador, dumper, etc. En canto á compra de material investíronse 17.756 euros na adquisición de materiais e mobiliario en stock.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.