
O próximo fin de semana celebrarase no Pavillón do Carme (Traviesas) en Vigo o Campionato Galego de Grupos de Show 2017 organizado polo Club Carpa.
Daranse cita os mellores grupos da comunidade e participará tamén o Club Patinaxe Artística Gondomar, na categoría de grupos pequenos, co seu programa «Alma Torera».
As gondomareñas intentarán revalidar o seu título de vixentes campioas galegas, posto que lles permitiría participar no campionato nacional que se celebrará en Lleida no mes de marzo.
Coma nos teñen acostumados plasmarán un programa de exquisita calidade técnica e artística forxado durante moitas horas de traballo ao longo da tempada.
Dende o club móstranse optimistas e moi contentos do desenvolvemento do traballo esperando contar co apoio na bancada de todos os gondomareños.
Be the first to comment