Última concentración do Club Ciclista Rías Baixas antes do arranque da tempada

A conta atrás para o inicio do calendario Elite e Sub23 entra na súa recta final. Dentro dun mes disputarase a primeira proba puntuable para a Copa de España e con esa cita na mente os corredores do Club Ciclista Rías Baixas concentraranse este fin de semana en Pontevedra.

Será o último dos stages programados pola entidade presidida por José Luis Chamorro durante este inverno. Co Centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra como cuartel xeral, os ciclistas do conxunto miñorano traballarán ás ordes de Marcos Serrano e o seu corpo técnico.

Acumular quilómetros e estreitar lazos son os obxectivos principais desta convivencia. O Club Ciclista Rías Baixas encara a súa quinta tempada no pelotón amateur con moita ilusión e con once novidades nas súas filas.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.