Os maiores de Gondomar estrean un novo espazo de reunión

O Concello de Gondomar habilitou un novo espazo para os maiores do municipio, mellor orientado e soleado, dotado dunha cociña, mobiliario e cadeiras novas, unha televisión de 50’’ e unha estufa de pelets.

Dende hai case tres anos e medio, os preto de 50 maiores estaban divididos en dous grupos e en locais distintos. Con este rehabilitado espazo xa poderán reunirse todos xuntos para falar, xogar e en definitiva, socializar e pasar o tempo de lecer en compañía.

O local, situado no Centro de Desenvolvemento Local, foi inaugurado este venres, coa asistencia do alcalde, Francisco Ferreira, e as concelleiras Nuria Lameiro e Rocío Cambra. “Toda a atención é pouca e todo o mimo con eles é escaso, merécense moito máis”, sinalou o rexedor.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.