O Club de Xadrez Laroca competirá esta tempada con cinco equipos na Liga Galega

Este sábado comeza unha nova temporada nas distintas categorías da Liga de Xadrez Galega, na que o Club Laroca de Nigrán aumenta en equipos, pasando dos tres das pasadas tempadas a cinco.

Na Primeira División se estreará como recentemente ascendido Laroca A, encadrado no grupo B, que se enfrontará ao Alekhine-Correduría Tempu de Vigo.

Na Segunda División haberá o duelo local que enfrontará aos equipos Laroca B e Laroca C, encadrados no grupo E.

Por último, en Terceira División terá lugar outro duelo local entre os dous equipos recentemente creados Laroca IES Auga da Laxe e Laroca Mallón. Estes dous equipos están compostos maioritariamente polos xogadores máis novos do club.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.