O Cereixa Gondomar golea ao Mariñamansa

Triunfo amplo do Cereixa Gondomar FS nun partido no que non houbo moita historia e que mesmo puido ter un resultado máis avultado.

Esteban Fernández Figueiras (3), Gabriel Denis Vasconcellos (2), Huguito Gonzálvez (2), Diego Rodríguez (1), Edu Rodríguez Pérez (1) e a estrea do cachorro Borja Pérez cun dobrete foron os goles do local (11-0).

O equipo de Vincios escala ata a segunda posición e segue o ronsel do líder que aínda debe pasar por Gondomar.

A próxima fin de semana toca unha durísima saída para enfrontarse ao Beade FS.

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.