O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, Ana Pastor, e o coordinador comarcal do partido, Jesús Vázquez Almuíña, asistirán este sábado ao V Congreso Local do PP de Nigrán, que se celebrará no Hotel Miramar a partir das 16:30 horas.
A clausura está prevista para as 18:50, cando intervirá a presidenta electa, María José Pino. A continuación, Almuíña, Rueda e Pastor clausurarán o Congreso.

