José Manuel Chamorro toma posesión como concelleiro de Gondomar

José Manuel Chamorro tomou posesión do seu cargo como concelleiro da Corporación Municipal de Gondomar na sesión plenaria celebrada este xoves. O socialista, que substitúe a Juan A. González tras renunciar á súa acta por motivos persoais, foi nomeado hoxe membro do goberno polo alcalde, Francisco Ferreira, e asumirá as áreas de Vías e Obras e Alumeado Público. “Estou convencido de que será un magnífico concelleiro e defensor do público”, subliñou o rexedor.

Chamorro, de 40 anos, casado e con dúas fillas, é natural da parroquia de Vincios, axente de seguros de profesión e vinculado ao movemento asociativo e deportivo. Ocupou o posto número 5 na candidatura presentada polo Grupo Socialista de Gondomar ás eleccións municipais de maio de 2015.

Anuncios

Be the first to comment

Leave a Reply

Tu dirección de correo no será publicada.




Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.