A Cafetería Central Park de Baiona (R/ Laureano Salgado Nº 7) acolle este sábado 28 de xaneiro a partir das 23:00 horas un concerto de rumba flamenca a cargo de Pa ti na má. A entrada é gratuíta.
Este dúo flamenco forma a unión de Galicia e Andalucía para dar unha nota de musicalidade ao panorama galego. Composto por Fran Vázquez e Tito Castro, realiza versións flamencas e de rumba en español, cancións coñecidas que incitan ao baile. Actualmente ao dúo sumouse un membro máis, Hugo Chamizo, consolidándose así un proxecto para ter en conta.

