Anuncios
Ticker de novas

Baiona premia os mellores escaparates do Nadal

O salón de plenos do Concello de Baiona foi este xoves o escenario da entrega de premios do concurso Decorando Baiona no Nadal, promovido pola Concellería de Comercio. O alcalde, Ángel Rodal, presidiu un acto no que tamén estiveron presentes a concelleira Carmen Paredes e os representantes do xurado, Marcos Comesaña (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), Marisa Martínez (Coemsa, Asociación de Empresarios de Sabarís) e Mónica Sueiro (Directora da Aula de Teatro de Baiona).

Un total de 17 establecementos optaron coas súas creacións de decoración do Nadal aos tres premios nos que se valoraba a fachada co escaparate mellor engalanado, a mellor decoración interior e a orixinalidade e innovación.

Os premios recaeron na Xoiería Tula (escaparate mellor engalanado) Tú Desván (mellor decoración interior) e Arce Bake Shop Hotel (orixinalidade e innovación).

“A elección foi complicadísima polo alto nivel dos participantes e os excelentes traballos dos establecementos, por iso queremos agradecer a participación de todos, desexando que nunha posterior edición vaia en aumento o número de locais para que Baiona sexa un referente comercial de veciños e visitantes axudando a visibilizar os negocios”, apuntou o concelleira Carmen Paredes.

Anuncios