Sin categoría

Nigrán celebra o 40 aniversario do Centro Dramático Galego coa obra de Utópica Rodante “De Vilatriste a Vilalegre”

O Concello de Nigrán festexa o 40 aniversario do Centro Dramático Galego este venres 31 de maio co espectáculo itinerante “De Vilatriste a Vilalegre” ás 20:00 na Praza do Concello. Esta coprodución xunto ao Teatro ó Cubo está pensada para públicos de todas as idades co fin de xerar comunidade ao redor das artes escénicas. Co mundo do cómic como referencia e combinando teatro actoral e de monicreques, a primeira proposta desta iniciativa sobre rodas confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia de Vilatriste, pobo no que se instalan uns novos habitantes que son recibidos con estrañeza e desconfianza pola veciñanza.