Sin categoría

Nigrán celebra o Día da Árbore cunha plantación co CEE Juan María

O Concello de Nigrán celebrou na mañá deste xoves o Día Internacional da Árbore cunha plantación de 46 exemplares xunto ao CEE Juan María no terreo ao carón do muíño de Porto do Molle, rehabilitado polo Concello de Nigrán. Así, unha trintena de usuarios traballaron xunto á Brigada Forestal Municipal, os axentes medioambientais da zona e o alcalde e a edil de Educación, Juan González e Estela Pérez, plantando bidueiras, serbais dos cazadores, pradairos, amieiros e abeleiras (estas dúas son especies propias dos bosques de ribeira, como é o caso). “Esta será unha zona de esparexemento marabillosa, porque por unha banda está o muíño, por outra o paseo do río e, por outra, este espazo de bosque onde poñeremos bancos e mesas para estar aínda máis a gusto”, explica o alcalde, Juan González.