Este venres día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Aínda queda moito por facer para acadar a igualdade entre mulleres e homes. A concentración, convocada polos colectivos feministas do Val Miñor, será ás 13:30 horas na Ramallosa. Haberá saídas desde os tres concellos coma outros anos e todos se reunirán na Ramallosa.
“Temos que continuar berrando e clamando contra a violencia machista, contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivas na nosa sociedade. Nin unha vítima máis, o machismo mata! Querémonos vivas, libres, iguais e respectadas”, sinalan desde a organización.


