Sin categoría

Baiona suspende o obradoiro infantil de Nadal en Belesar polo falecemento dunha moza da parroquia

O Concello de Baiona comunica á cidadanía a suspensión do obradoiro infantil de Nadal con materiais reciclados con personaxes Disney programado para mañá sábado 30 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas, no Centro Cultural Municipal de Belesar, tras o falecemento dunha moza veciña desta parroquia. Desde o Concello de Baiona queren transmitir o seu máis sentido pésame á familia e achegados da moza veciña de Belesar, tristemente falecida.