Sin categoría

Presentación do libro “Os Lobariñas Feixoo: Luz e Memoria nos Séculos Escuros” no Liceo Marítimo de Baiona

O IEM, en colaboración co Liceo Marítimo de Baiona, presenta o próximo xoves día 5 de outubro ás 20:00 horas o libro “Os Lobariñas Feixoo: Luz e Memoria nos Séculos Escuros” de Perfecto Ramos Rodríguez. O acto, que terá lugar no Liceo Marítimo de Baiona, estará presentado por Anxo Rodríguez Lemos, doutor en Historia pola USC e membro da xunta de goberno do IEM. Con este acto continúa a programación do Mes da Memoria que se desenvolverá durante todo o mes de outubro en distintos lugares que se irán anunciando.