Sin categoría

Nigrán despide o Ioga e Meditación no Solpor este mércores en Patos

O gran mestre internacional Madhana, pioneiro na práctica do Ioga en España, introdutor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, realizará finalmente este mércores 23 de agosto ás 20:30 horas a derradeira sesión de “Ioga no Solpor” do verán organizadas polo Concello de Nigrán na praia de Patos, ao carón do posto de Protección Civil.

O célebre yogui realizará unha demostración e posterior clase iniciática gratuíta aberta a toda aquela persoa que desexe participar, non sendo preciso inscribirse previamente, tan só presentarse cunha toalla ou esterilla, botella de auga e protección solar.

O solpor nesta praia sumado ás posturas dos yoguis máis avanzados augura novamente imaxes espectaculares como despedida. “A simbiose da actividade coa situación en Patos e os seus marabillosos solpores é absoluta e ten moitísima aceptación, polo que o verán que vén tampouco faltará esta actividade que iniciamos o ano pasado”, avanza o alcalde, Juan González, ante o gran interese amosado polos centos de asistentes cada día, xuntándose cada vez máis.

“Queremos aportar á cidadanía maior equilibrio entre mente e corpo. Non existe outro beneficio que o do ioga mesmo, por iso animamos a toda aquela persoa interesada a que acuda”, invita Madhana Agulla, gran mestre acostumado a impartir cursos a nivel internacional e formado co profesor Rama Chandra Filosofía na India na Universidade Mysore.