Sin categoría

Alumnos do CPI Cova Terreña buscan sensibilizar sobre o consumo responsable e o coidado do medio ambiente

Durante este terceiro trimestre, o alumnado de 5º de Educación Primaria do CPI Cova Terreña de Baiona estivo desenvolvendo os proxectos “Sabemos sobre nós e a contorna” e “Enerxía alcanzable e sostible”. Os alumnos e as alumnas, en equipos cooperativos de aprendizaxe, crearon folletos informativos sobre o consumo responsable para o aforro enerxético no ámbito doméstico, para enviar ás familias. Sensibilizados cara a intentar conseguir un estilo de vida sustentable e consecuentes co respecto, os coidados e a protección das persoas e do planeta, elaboraron tamén un cartel sobre o coidado do Medio Ambiente para enviar á Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona. Celebrarán así, o luns 5 de xuño, o Día Mundial do Medio Ambiente.